BOLSAS DA FUNDACIÓN ALBA TORRES CARRERA PARA ALUMNADO EN PRECARIEDADE ECONÓMICA.

A fundación Alba Torres Carrera (FATC) acaba de publicar unhas bolsas de estudos, destinadas a material ou a actividades extraescolares, para alumnado de educación primaria e/ou de secundaria (ESO), en situación de precariedade económica e cun expediente académico de aprobado. A axuda solicitada, de ser concedida, consistirá nunha contía de 600 euros que se abonará en 2 anualidades, ata un máximo de 300 euros no ano 2017 e outros 300 euros no 2018.

Para poder acceder á bolsa, as persoas solicitantes deberán cubrir unha solicitude e enviala antes do 26 de outubro de 2017, ao enderezo de correo electrónico: becasfatc@torresycarrera.com

Máis información en :

https://torresycarrera.com/becas

Servizos sociais municipais.