Axudas económicas a través do Programa de Respiro familiar para coidadoras/es de persoas con dependencia ou discapacidade

NORMATIVA: Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento. (DOG nº 78 do 19/04/2024) BS614B

OBXECTO: Axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do programa Respiro familiar, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras para o exercicio 2024.

MODALIDADES:

  1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
  2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2024 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

REQUISITOS PARA ACCEDER Á SUBVENCIÓN:

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

  1. Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na C.A. de Galicia.
  2. Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:
    1. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
    2. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
    3. Que a persoa a que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

PRAZO: Ata o 21 de outubro de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS MUNCIPAIS.