Bono Activa Comercio

Bono Activa Comercio é un  bono desconto de 30 euros que se poderá descargar a través do móbil, na páxina web bonosactivacomercio.gal

Os bonos teñen formato dixital a través dun código QR e terán que estar dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono, que poderá ser usado nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:

  • Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
  • Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
  • Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Poderase descargar o Bono Activa Comercio desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.