A Academia Galega de Seguridade Pública publicou recentemente no Diario Oficial de Galicia dúas resolucións en relación co Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos, tal e como se relata a continuación:
- RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Publicado no DOGA Número 42, do Xoves 28 de Febreiro de 2019
- RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
Publicado no DOGA Número 43, do 1 de Marzo de 2019