Normativa
Obxecto
Regular e convocar para o ano 2020 axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Contía da axuda
- 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
- 650 € para o permiso de clase C
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para ambos permisos.
Persoas destinatarias e requisitos
Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da CA de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da CA de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
Prazo
Desde o 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.