Todas as solicitudes realizadas por usuarios interesados en participar nas actividades de verán en Toques, foron aceptadas
As actividades de verán que se levarán a cabo desde o vinte oito de xuño e durante o mes de xullo son as seguintes:
- Campamento de verán
- Campus deportivo
- Curso natación Adultos
- Cursos natación Infantil
En relación co Campamento de verán, establécense Indicacións para o primeiro día:
- Reunión de nais e pais o día 28 ás 10:00 no Edificio Multiusos ( escola vella, ao carón do tanatorio) Prégase asistencia
- Para o curso de piscina, de luns a xoves de 13:00 a 14:00, cada neno debe levar unha mochila con: toalla, bañador, chanclas, gorro e gafas de piscina.
- Levar a merenda para media mañá e unha botella de auga con nome.
En relación co Campus Deportivo:
- Inicia o 1 de xullo, ás 10:30, cunha reunión informativa no Pavillón polideportivo, á cal os proxenitores dos participantes deberán estar presentes.
- Cada día, os participantes levarán calzado e indumentaria deportiva. Ademáis, nunha mochila levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla. Nunha bolsa máis pequena unha merenda para despois da piscina.
- Recoméndase usar protección solar.
En relación cos cursos de natación:
- O curso para adultos será os luns e mércores de 16:00 ata 16:45. Comeza o luns 28 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla.
- O curso para nenos e nenas de 3 a 6 anos será os luns e mércores de 14:15 ata as 15:00. Comeza o luns 28 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla. Os acompañantes dos nenos e das nenas participantes estarán presentes na piscina durante as clases do curso.
- O curso para nenos e nenas de 7 a 12 anos será os martes e xoves de 16:00 ata 16:45. Comeza o martes 29 de xuño e os participantes levarán chanclas, bañador, gorro, gafas (de piscina) e toalla.
- Recoméndase usar protección solar.
As seguintes actividades: Campus deportivo, Campamento de verán e Curso de natación de adultos están suxeitos ao abono da taxa recollida na Ordenanza Fiscal correspondente. A taxa para o Campus deportivo e para o Campamento de verán é de 30 €, para o curso de natación de adultos é de 5 €.
Os solicitantes admitidos tanto no Campamento de verán como no Campus deportivo, deben aboar o custo da actividade durante os días 22 e 23 de xuño na oficina máis cercana do Banco Santander no número de conta ES07 0238 8194 1306 6000 0369. Facer constar nome do neno ou nena participante e o xustificante de pago debe ser entregado de maneira presencial ou por outros medios dixitais nas oficinas da Casa do Concello de Toques.