Normativa: Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (IN414B e IN414C). (DOG nº 41 do 1/03/2022).
Obxecto: Convocar para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas, para promover actuacións que fomenten o aforro e eficiencia enerxética.
Actuacións subvencionables Plan Renove de electrodomésticos:
É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.
Electrodomésticos subvencionables | Consumidor xeral | Consumidor vulnerable | Consumidor vulnerable severo |
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | 150 € | 300 € | 450 € |
Conxelador con clasificación enerxética A, B,C ou D | |||
Lavadora A, B ou C | 100 € | 200 € | 300 € |
Lavalouza A, B ou C | |||
Placas de indución total (só tecnoloxías inducción, non mixtas) |
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
Presentación das solicitudes: As solicitudes subscribiranas directamente as entidades colaboradoras. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.
Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.
Máis información:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal).
No teléfono 981 54 15 00.