Normativa.- Orde do 10 de maio de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social no ano 2022. (DOG nº 96 do 19/5/2022)
Obxecto.- Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.
Persoas destinatarias:
- Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
- Galegos e galegas residentes no exterior.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das duas convocatorias anteriores.
Prazo de presentación.- Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG. Ata o 2 de xuño de 2022.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.