Obxecto: Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Prazas ofertadas:
Ofértanse 250 prazas nas seguinte instalacións:
- Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña)
- Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
Requisitos:
- Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
- Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
- Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
- Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
- Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Prezo: Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€
Prazo de presentación: Do 18 de abril ata o 2 de maio de 2023
Máis información:
Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:
- Teléfonos: 981 547 399 – 981544 640.
- Mail: programas.discapacidade@xunta.gal
- Servizo de Programas para a Discapacidade, da Dirección xeral de Persoas con Discapacidade