SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN EDIFICATORIA DO PLAN ESTATAL.
NORMATIVA: Orde do 10 de xullo de 2015 (DOG nº 136 do 21/07/2015)
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: as actuacións dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva que reúnan os seguintes requisitos:
- Que estean finalizados antes de 1981
- Que, polo menos, o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
- Que, polo menos, o 70% das súas vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.
CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: a contía máxima das subvencións que se concederá por edificio, non poderá superar o importe de multiplicar 11.000 € por cada vivenda e por cada 100 m2 de superficie útil de local, ou 12.100 € cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural.
En todo caso, a contía máxima das subvencións que se concederán por edificio non poderá superar o 35 % do custo subvencionable da actuación. No caso de actuacións para a mellora da accesibilidade, e só na partida correspondente á accesibilidade, poderase chegar ao 50 %.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Sede electrónica: https: //sede.xunta.es
Instituto Galego de Vivenda e Solo
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Ata o 21 de agosto de 2015