AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS MÁIS VULNERABLES

NORMATIVA: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables. (DOG nº 249 do 31/12/2015).

OBXECTO: Pagamento da factura eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables.

TIPO DE AXUDA: Os gastos subvencionables serán o 100% do importe das facturas de electricidade emitidas, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, por unha comercializadora de electricidade correspondentes á vivenda habitual, cun límite máximo de 2 facturas/ano no caso de facturación mensual e de 1 factura/ano no caso de facturación bimensual, con importe máximo de 200€/ano por solicitante en ambos casos.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

-Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

-Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano)

-Ser titular do contrato de subministración eléctrica

-Dispor de aviso de interrupción de subministración eléctrica.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo comezará o 15 de xaneiro de 2016 e rematará o 15 de novembro de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.