A GALA DE ARTES MARCIAIS CULMINA CON GRAN EXPECTACIÓN

O POLIDEPORTIVO DE SOUTO ACOLLE A TERCEIRA EDICIÓN DESTA GALA DEPORTIVA

Ás cinco da tarde do sábado estaba todo preparado para comezar a Gala de Artes Marciais, os participantes sentados arredor do tatami, os monitores dando as últimas leccións e a xente na grada esperando a que comezase a primeira actuación do programa.

A apertura realizárona os compoñentes da Escola Deportiva local, mediante unhas catas de karate que mostraron unha elevada coordinación entre eles.

Tratábase dunha Gala de Exhibición, polo que cada Escola amosou aqueles exercicios que traían preparados e deste xeito quedou patente a diferenza entre as tres modalidades: karate, aikido e iudo.

Despois as diferentes coreografías, catas e exercicios fóronse sucedendo con diferentes agrupacións e modalidades de artes marciais, e é que ata Souto achegáronse cinco escolas diferentes: Monterroso, Arzúa, Melide, Mesía e Santiago de Compostela estaban representados por pupilos das artes Marciais.

Houbo gran variedade de metodoloxía, procedementos, aptitudes e tamén actitudes, xa que nun dos Kumites (combates con protección) viuse un xesto de fair play importante entre os participantes.

Os participantes, con idades entre os 4 e os 18 anos, mostráronse moi concentrados, aspecto importante para executar correctamente as súas tarefas pero sen desvotar que os cativos poden extraer unha risa en calquer momento.

o momento de maior expectación foi ao final, coa actuación da escola local de Toques, que clausuraba o programa, que consitía nun exercicio de salto de obstáculos con patada. Realmente fixo que espontáneamente xurdiran aplausos e vítores precedidos de xestos de admiración.

Os participantes foron os seguintes:

E.D.M. DE TOQUES: KARATE

E.D.M DE MONTERROSO: KARATE

E.D.M. DE MESÍA: IUDO

A.G.A.D.I.R. SANTIAGO DE C.: AIKIDO

E.D. ANPA CEIP MESTRE PASTOR BARRAL DE MELIDE: KARATE

ASHOGA ARZÚA: KARATE

Todos eles foron grandes triunfadores neste evento de carácter recreativo e por iso para recompensar o esforzo de todo o ano e do propio día da Gala o Concello de Toques repartiu premios para as cinco decenas de nenos, nenas, mozos e mozas.

NORABOA

DSC_1414 DSC_1440 DSC_1417 DSC_1419 DSC_1420 DSC_1424 DSC_1425 DSC_1431 DSC_1434 DSC_1438 DSC_1439