ACTIVIDADE CAPACITACIÓN DIXITAL: PROGRAMA ENREDANDO

No Concello de Toques vaixe desenvolver unha actividade de capacitación dixital dirixida principalmente a persoas maiores de 55 anos, pero a que pode asistir o público en xeral. A actividade está organiza por Cruz Vermella A Coruña no marco do Convenio de colaboración con AMTEGA.

A actividade consiste nunha furgoneta equipada con dispositivos tecnolóxicos para que, de maneira lúdica, as persoas se interesen por talleres de capacitación dixital. Trataranse temas como:

¿Qué é internet?, como buscar algo, mandar mensaxes co teléfono, pedir cita no médico…

DÍA: 13 DE XULLO

LUGAR: PRAZA DO EDIFICIO MULTIUSOS (ESCOLA VELLA)

HORA: 10:30 A 13:30 HORAS

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.