Campamentos de Verán da Diputación da Coruña

A programación deportiva da Deputación da Coruña inclúe esta actividade destinada a 500 nenos e nenas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña nacidos entre o 2010 e o 2015 (ambos inclusive).

A actividade consiste nunha estadía de 5 días/noites con aloxamento e manutención no IES Rosalía Mera onde os participantes disfrutarán dunha ampla variedade de actividades,.

O Campamento Deportivo organízase en varias quendas, correspondendo aos participantes do Concello de Toques, a 3ª quenda, isto é desde o 7 ao 12 de xullo.

O Concello de Toques oferta 3 prazas destinadas aos rapaces de 9 a 14 anos, cumpridos no momento de facer a solicitude.

A Deputación asume en gran parte os gastos que ocasiona o campamento, o material empregado diariamente, o custo das entradas das visitas programadas así como o transporte necesario para as excursións incluídas na programación. Non obstante, a actividade ten un custo de oitenta e cinco euros (85.00 €), que serán aboados no momento que sexa concedida a praza, na conta bancaria designada para tal efecto, e unha vez concedida a praza.

O prazo de inscrición exténdese desde o 10 de Maio ao 7 de Xuño, pode realizarse de forma presencial nas oficinas do concello e a documentación necesaria para formalizar a inscrcición é a seguinte:

  • Ficha de incrición debidamente cuberta (dispoñible nas oficinas do concello).
  • Fotocopia do carné de identidade/libro de familia.
  • No caso de que o participante tivese tratamento ou doenza que deban ser tidos en conta ou medicación específica ou alerxia alimentaria ou de calquer tipo, axuntar certificado médico asinado por facultativo.
  • Copia do resgardo de ter feito o aboamento da cota de inscrición: 85.00 € (facendo constar “Verán”, nome do concello e nome do participante).

O prazo de solicitude está aberto ata o 28 de maio. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, no suposto caso de que existan máis de tres solicitudes, realizarase un sorteo das prazas entre o 29 e o 31 de Maio, inda que teñen preferencia aqueles que nunca houberan participado nesta actividade en anos anteriores.