Apertura de unha “Casa Niño” en Toques

Desde a Consellería de Política Social comunicouse recentemente a aprobación para a apertura dunha Casa Niño en Toques, a cal terá a súa ubicación en Souto, nas dependencias do antigo consistorio e iniciará a súa actividade durante o mes de febreiro nas instalacións cedidas polo concello.

As Casas Niño son recursos gratuitos para as familias. Cada unha delas atende de maneira personalizada e nun horario flexible de luns a venres hasta un máximo de cinco menores de 3 años para consolidar a primeira etapa educativa antes de comezar a andaina en Educación Infantil dos centros escolares.

A Casa Niño de Toques estará a cargo de persoal cualificado e preparado para tal acción, neste caso trátase de Noelia, moi satisfeita de que a iniciativa se fixera realidade porén en Toques as familias poderán conciliar vida laboral e familiar mediante o emprego deste recurso mentres os cativos non comezan o ensino nos centros escolares.

Número de teléfono de atención e información da Casa Niño: 603 721 755 (Noelia)