Apertura do prazo de solicitude Escolas Deportivas Municipais 2023-24

O prazo de inscrición estará aberto desde o 2 ao 5 de  outubro de 2023, en horario de 9:00 a 14:00. Para formalizar a inscrición nestas Escolas é necesario achegarse ao concello para tramitar a solicitude, ou ben mediante a Sede Electrónica dispoñible na web do concello, www.toques.gal.

En ambos casos, hai que cumprimentar e asinar todos os campos existentes da Instancia-Solicitude e entregala nas oficinas da Casa do Concello ou achegala mediante a Sede Electrónica seguindo os seguintes pasos:

1.- Seleccionar o trámite: “Solicitude de Actvidades Culturais e Deportivas”

2.- Escoller “Solicitude de inscrición en actividades deportivas”.

3.- Clicar en “Iniciar trámite”

4.- Premer en Solicitude e inxerir todos os datos, logo premer en “avanzar”.

5.- No apartado “Outros documentos”, achegar a Instancia-Solcitude en formato pdf dispoñible aquí mesmo perfectamente cumprimentada e asinada:

Instancia Solicitude Escolas Deportivas 2023-24

6.- Gardar e avanzar.

7.- Asinar e enviar.

NOTA: para poder realizar este procedemento na sede electrónica é indispensable dispoñer de Certificado Eléctrónico, ou Ch@ve Pin ou ou Ch@ve Mobil.

Descarga aquí o ficheiro cos horarios de cada Escola Deportiva e coa Información xeral relacionada.

Cronograma Escolas Deportivas Municipais 2023-24

En relación coas Escolas Deportivas dirixidas á poboación adulta, cabe reseñar que durante o curso entrará en vigor unha nova ordenanza, o que suporá unha nova Cota Tributaria.