AXUDA ECONÓMICA A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS NADOS NO ANO 2016

NORMATIVA: Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016. (DOG nº 248 do 30/12/2015)

OBXECTO: Establecer as bases polas cales se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno/a menor dun ano.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS: Persoas residentes na Cominidade Autónoma de Galicia que teñan fillas /os, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

TIPOS DE AXUDA E CONTÍAS: A contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Preferentemente electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es. Tamén na Consellería de Política Social.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.