Axuda económica de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio.

Normativa: Real Decreto-lei 11/2022, do 25 de xuño, polo que se adoptan e prorróganse determinadas medidas para responder as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, e para a recuperación económica e social da illa da Palma. (BOE nº 152 do 26/6/2022).

Persoas beneficiarias:

Serán beneficiarios dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, as persoas físicas que na data de entrada de vigor do real decreto-lei realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou sexan desempregados rexistrados na oficina de emprego, sexan beneficiarios ou non da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2021 percibisen ingresos inferiores a 14.000 euros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais.

As persoas beneficiarias deben ter residencia legal e efectiva en España na data de entrada en vigor do presente real decreto-lei, e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á devandita data..

O cómputo de ingresos e de patrimonio efectuarase de maneira conxunta, considerando todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022 e estean unidos entre si por matrimonio ou análoga relación de afectividade á conxugal con polo menos dous anos de antelación ou por parentesco, ata o terceiro grao, incluído os afíns, con calquera dos anteriores, así como outras persoas coas que calquera dos anteriores conviva en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.

Persoas excluídas: Persoas que xa cobren o IMV ou reciban pensións do Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado.

Solicitude e prazo: A axuda será xestionada coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, previa solicitude dos beneficiarios. A solicitude presentarase na Sede electrónica da AEAT, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma ata o 30 de setembro de 2022, e no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria na que se desexe que se realice o abono.