AXUDA ECONÓMICA PARA O PAGO DE PARTE DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TÍCKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

NORMATIVA: Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o ano 2016. (DOG nº 248 do 30/12/2015)

OBXECTO: Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

TIPO DE AXUDA: A contía da subvención será unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser ademais familia numerosa.

GASTOS SUBVENCIONABLES: Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2015 e o 30 de xuño de 2016.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

-Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

-Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados cun grao de discapacidade igual ou maior ao 33%

-Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica

-Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano)

-Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: No Instituto Enerxético de Galicia, a través da sede electrónica.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 15 de xaneiro de 2016 ata o 31 de xullo de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS.