Axudas a particulares para a adquisición de materiais

Axudas a particulares

AXUDAS A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO.

NORMATIVA: Resolución do 16 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección (IGAPE) que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adqusición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión. (DOG nº 183 do 24/09/2015).

OBXECTO: Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 15), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

BENEFICIARIOS: Persoas físicas, consumidores individuais, propietarias ou titulares de vivendas situadas na CC.AA de Galicia.

ACTUACIÓNS, GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DAS AXUDAS: Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento adherido.

As axudas que contempla consisten, por unha banda, en que o IGAPE financiará o 20% da compra realizada polos cidadáns, co límite de 1000 euros por persoa e domicilio particular. Por outra banda, a entidade colaboradora realizará un desconto equivalente ao do IGAPE, polo que a rebaixa global será do 40%.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As entidades colaboradoras do programa Reforma 15 son as encargadas de tramitar o procedemento. Na páxina web do Igape (http://www.igape.es/reforma15) estará disponible unha listaxe actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.

PRAZO: As entidades colaboradoras poderán solicitar a súa adhesión desde o 25 de setembro ata o 30 de outubro. O prazo para a presentación de solicitudes por parte das persoas físicas é desde o 6 de outubro ata o 16 de novembro.

O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 30 de novembro de 2015.

Máis información:

-páxina web do Igape: http://www.igape.es

-teléfono de información do Igape: 900 81 51 51

-servizos sociais municipais