Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021

Normativa

Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 172 do 11/9/2019) VI432A e VI432B

Obxecto

Concesión (VI432A) e a renovación (VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

  • Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. 
  • Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Persoas beneficiarias e requisitos

1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda:  persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
  2. Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día do prazo de presentación de solicitudes.
  3. Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.
  4. Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10.
  5. Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM.. Este límite será de 4 veces o IPREM., se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM. cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
    • Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
    • Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
  6. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4.

2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:
as persoas físicas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1.

3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

  1. Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Non se considerará así se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
  2. Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
  3. Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
  4. Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
  5. Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
  6. Non atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  7. Estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e/ou no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.

Contía das axudas

Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. As persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se satisfaga polo alugamento.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

Duración das axudas

As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo de 3 anos e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, prazo de remate da vixencia do Plan 2018-2021. Para as anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da primeira renovación. O recoñecemento do dereito da axuda poderá ter carácter retroactivo

Prazo de presentación

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 11 de outubro de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.