Axudas ás familias numerosas para estadías de fin de semana

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS DE GALICIA PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA.

NORMATIVA: Orde do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede a súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 179 de 18/09/2015).

OBXECTO:

Conceder axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CC.AA de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.

TIPO DE AXUDA:

Consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

– Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa

– Residir na CC.AA de Galicia

– Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

– Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 7.500 € anuais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Ata o 19 de outubro de 2015