Axudas axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia

NORMATIVA: Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024. (DOG nº 31 do 13/02/2024) VI501A

OBXECTO:

Aprobar as bases reguladoras do Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2024. Comprende as tres modalidades seguintes:

  • Modalidade A: Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Modalidade B: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.
  • Modalidade C: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

REQUISITOS DA ADQUISICIÓN:

Para poder acceder ás axudas é preciso que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude. Para estes efectos, nas modalidades A e B admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas, mentres que na modalidade C ten que tratarse dunha adquisición en primeira adxudicación ou transmisión.

Os prezos de adquisición non poderán superar os seguintes límites, en función da modalidade da axuda que se solicite:

a) Na modalidade A, o prezo da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, deberá ser igual ou inferior a 120.000 euros.

b) Na modalidade B:

  1. No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, o prezo non deberá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, no momento da publicación da convocatoria, computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e, nun 2 %, no suposto de dispoñer de rocho.
  2. No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos non sinalados no parágrafo anterior, o prezo de adquisición non deberá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia, computando unha superficie útil de 120 m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe, e nun 2 %, no suposto de dispoñer de rocho.

c) No suposto de vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral ou especial, o prezo máximo será o previsto na cualificación definitiva.

CONTÍA:

A contía máxima da axuda determinarase en función da modalidade da axuda que se solicite e terá o límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición:

a) No suposto da modalidade A, a contía máxima da axuda será de ata 10.800 euros por vivenda.

b) No suposto da modalidade B, a contía máxima da axuda será a seguinte:

  1. Ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
  2. Ata 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
  3. No suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.

c) No suposto da modalidade C, a contía máxima da axuda será a seguinte:

  1. No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
  2. No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.

No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria que adquira unha parte dela determinarase aplicando a porcentaxe de cota adquirida ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido o 100 % da vivenda.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Comezará o primeiro día hábil seguinte ao sa publicación da resolución no DOG e rematará o 31 de outubro de 2024 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG.