AXUDAS PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

NORMATIVA: Resolución de 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

OBXECTO: Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible. Non poden estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda; e desenvolveranse nas zonas rurais de Galicia.

BENEFICIARIOS: Persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

-O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais

-Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema

-O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible

-O custe de montaxe e conexionado.

-Non é subvencionable a reposición ou mera substitución de equipamentos existentes.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse polas entidades colaboradoras, xunto coa documentación necesaria. As entidades colaboradoras terán un prazo de quince días hábiles, a partir do 15 de xaneiro de 2016, para solicitar a súa adhesión. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras.

INFORMACIÓN ÁS PERSOAS INTERESADAS:

-Na páxina web do Inega (www.inega.es)

-Nos servizos sociais municipais