Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D da mocidade galega inscrita no SNGX

NORMATIVA: Orde do 31 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024. (DOG nº 16 do 23/1/2024) BS321A.

OBXECTO: Regular e convocar para o ano 2024 axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

GASTO SUBVENCIONABLE:

Contía da axuda

  • 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B.
  • 650 € para o permiso de clase C.
  • 1.300 euros para o permiso de clase D.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
  2. Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Non estar traballando por conta propia nin allea.
  4. Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO: Estará aberto ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.