Axudas para a posta en marcha de casas do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes

Normativa

Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020. (DOG nº 22 do 3/2/2020)

Obxecto

Convocar axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II respectivamente, e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, durante o ano 2020, cun máximo de 12 mensualidades.

Persoas beneficiarias

As persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión, ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:

1º. Grao en Medicina.

2º. Grao en Enfermaría.

3º. Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría ou títulos equivalentes de técnico Auxiliar de Clínica, técnico Auxiliar de Psiquiatría e técnico Auxiliar de Enfermaría, ou, de ser o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.

4º. Título de técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia,  ou, de ser o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.

5º. Título de técnico superior en Integración Social,  ou o título equivalente, para aqueles profesionais que na data de publicación do presente acordo, estean traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio.

6º. O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais ou, de ser o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.

7º. O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio ou o equivalente certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicili ou, de ser o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.

8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. O promotor do proxecto deberá comprometerse á súa realización nun prazo máximo de 6 meses desde a entrada en vigor da orde, mediante a emisión dunha declaración responsable

9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2008

b) Residir en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes de acordo ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha da experiencia piloto.

c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior ou dispor del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.

d) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s social/is que desenvolva/an o proxecto.

Tipos de axuda e contías

  1. Gastos de investimento: ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa do maior de 15.000 euros. Son aqueles gastos, en que o promotor incorra para a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material sempre que sexan necesarios.
  2. Axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto: 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora ao comezo da súa andaina.
  3. Adicionalmente, no caso de que os promotores optaran por asumir o desprazamento das persoas usuarias, os beneficiarios das axudas desta orde percibirán un máximo de 5 euros por persoa e día. A estes efectos o beneficiario da axuda deberá acreditar o número de usuarios deste servizo mediante a cobertura do anexo VI.

Prazo

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 3 de marzo de 2020.