AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS

NORMATIVA: Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017. (DOG nº 21 do 31/01/2017)

OBXECTO: Incentivar a rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos e seleccionar as entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

BENEFICIARIOS/AS: As persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuacion subvencionable se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES: Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras. A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño. Tamén será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra); e a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas e teñan marco por todo o perímetro. Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

CONTÍA DAS AXUDAS: Máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000€ por vivenda unifamiliar/piso. A subvención non superará o 25% do custo total da obra. Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: As solicitudes, tanto de adhesión das entidades colaboradoras ao plan, como as solicitudes de axuda deberán presentalas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.es, https://planrenovefiestras.xunta.es.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  Para as solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2017 incluído. Para as solicitude de axuda: do 1 de marzo ao 29 de setembro de 2017, agás esgotamento de crédito.

INFORMACIÓN SOBRE ESTAS AXUDAS:

-Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.gal

-O teléfono da dita dirección xeral: 981545573/881999320/981545474

-Nos servizos sociais municipais.