AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS

NORMATIVA: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

OBXECTO: Regular axudas destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

BENEFICIARIOS/AS: As persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES: Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

-Dispor de marcación CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006

-Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

  1. Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:

1.1-Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais

1.2-Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo

2. Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo.

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño. Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra). Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior. Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

CONTÍA DAS AXUDAS: Máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Preferiblemente por vía electrónica: https://sede.xunta.es; ou ben desde as páxinas web https://entidadescolaboradoras.xunta.es, https://planrenovefiestras.xunta.es. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2016 incluído. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día un de marzo de finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS.