Axudas para actuación de mellora paisaxística

BANDO MUNICIPAL

Don Miguel Ángel Buján Varela, Alcalde-Presidente do Concello de Toques (A Coruña);

FAI SABER:

Que O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, acaba de publicar unha   convocatoria de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Procedemento (MT-402A).

Serán obxecto de subvención as seguintes actuacións:

  • Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal.
  • Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir.
  • Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións.
  • Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación de tella cerámica ou lousa, en función do material tradicional da comarca.
  • Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,5 m).
  • Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotería tradicional.
  • Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas fabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais.

NOTA: Tódolos materiais empregados estarán adaptados aos criterios da guía de cor e materiais de Galicia.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Memoria técnica das actuacións, que deberá conter, como mínimo, descrición de traballos ou actividades, relación valorada, orzamento detallado, e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución.
  • Documentación que acredite a titularidade da actuación solicitada.
  • Reportaxe fotográfica do ben o cal se vai a actuar: exteriores e da contorna en que se aprecie o elemento ou elementos obxeto da actuación.
  • Declaración responsable, que inclúe entre outras, as axudas recibidas para a mesma actuación, que o beneficiario se atopa ó día cas obrigas tributarias….
  • Licencia urbanística ou compromiso de contar con ela para a execución da actuación.

IMPORTE SUBVENCIONABLE

  • O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 000 €

As solicitudes faranse por medios electrónicos a través da sede electrónica da xunta.

O prazo das solicitudes remata o 31 de maio de 2021

Para máis información poden acercarse polas dependencias municipais.

Toques, 15 de Abril de 2021.

O Alcalde,

Asdo:- Miguel Ángel Buján Varela