BENESTAR EN BALNEARIOS 2016

NORMATIVA: Orde do 10 de febreiro de 2016 pola que se ofertan prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2016. (DOG nº 77 do 16/2/2016)

OBXECTO: Convocar un total de 607 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2016, dentro de establecementos termais que se atopan na Comunidade Autónoma de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viúvez ou outras pensións

-Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autómoma de Galicia

-Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria

-Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais

-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia. Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superisor ao 33%.

QUENDAS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) cada unha e realizaranse en réxime de pensión completa. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de xuño e outubro de 2016.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 7 de marzo de 2016.