Benestar en balnearios 2019

Normativa:

Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e se realiza a súa convocatoria. (DOG nº 64 do 2/4/2019)

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Acompañantes

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
  2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

Duración e servizos ofertados

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2019.

Servizos:

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
    • Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
    • Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
    • Seguimento médico do tratamento.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.

Prazo presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.