Benestar en balnearios 2023

NORMATIVA: Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e axudas para o ano 2023, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 177 do 18/9/2023)

OBXECTO: Convocar un total de 1.204  prazas  para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2023.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

ACOMPAÑANTES:

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
  2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

DURACIÓN:

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída.

O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Un mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 18 de outubro de 2023.

MÁIS INFORMACIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.