BONO SOCIAL ELÉCTRICO

NORMATIVA: Orde ETU/943/2017, do 6 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 243 do 9/10/2017)

BENEFICIARIOS:

Beneficiarios do novo bono social eléctrico
Categoría Límite de renda Límite de consumo con bono social                              Deconto sobre o PVP       Prazo de corte de subministro por impago
Consumidores vulnerables    
Familias vulnerablesFam. sen menores con renda ≤ IPREM | Fam. con un menor e 2 veces o IPREM | Fam. con 2 menores e 2,5 veces o IPREM– Sen menores: 1.200  Kwh/ano – Con un menor:1.680 Kwh/ano – Con 2 menores: 2.040 Kwh/ano25%4 meses
Circunstancias especiaisOs limiares de renda anteriores incrementaranse en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, do terrorismo e fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%.
Familias numerosasSen límite3.600 Kwh/ano25%2 meses
Fam. con pensións mínimasSen límite1.680 Kwh/ano25%2 meses
Consumidores vulnerables severos– Fam. con un 50% menos de renda que as familias vulnerables.

– Fam. numerosas con rendas inferiores a 2 veces o IPREM

– Fogares de pensionistas con rendas equivalentes ao IPREM

40% 4 meses
Consumidores en risco de exclusión socialConsumidores vulnerables severos atendidos polos servizos sociais.50%Non poderá ser suspendido.  Admón. autonómica ou local asume o 50 % da factura

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

A solicitude do bono social poderá realizarse a través dos seguintes medios, acompañada da documentación acreditativa:

  1. Por teléfono, a través do número dispoñible na páxina web do comercializador de referencia (COR). Este número será publicado tamén na páxina web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.Neste caso, o consumidor deberá remitir a información xustificativa posteriormente por algún dos medios recolleitos neste apartado.
  2. Nas oficinas do COR, cando estas existan.
  3. Por fax ou a través da dirección de correo electrónico que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  4. Por correo postal na dirección que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  5. A través da páxina web do comercializador de referencia.

O formulario de solicitude deberá estar dispoñible na páxina web do COR, así como nas súas oficinas de atención presencial ao consumidor, cando estas existan.

CONSUMIDORES ACOLLIDOS AO BONO SOCIAL Á ENTRADA EN VIGOR DA ORDE:

Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, dispoñerán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.