Bonodeporte para escolares inscritos no Programa Xogade ou federados nalgunha modalidade deportiva

Esta nova permite beneficiarse dunha axuda económica destinada á práctica deportiva cun valor de 120 € consumibles en varias compras ata consumir

Poderán ser beneficiarios/as das axudas do Bonodeporte o pai ou nai, ou titor/a dun/ha menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento de realizar a solicitude, federado ou inscrito no Programa Xogade de deporte escolar, tendo dereito a un único Bono por cada menor.

Por medio deste Bonodeporte subvencionarase a compra de material deportivo, a contratación de servizos deportivos.

Cada usuario (proxenitores do menor) poderá descargar o Bonodeporte entre o 8 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2024, a non ser que se chegue ao esgotamento do crédito dispoñible con anterioridade a esta data.

Non obstante, sen se producir o esgotamento de crédito, o prazo de finalización para realizar as compras esténdese ata o 1 de Xullo de 2024.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

¿Cómo se pode adquirir o Bonodeporte?

Paso 1: Date de alta desde o teu móbil ou a través da web en www.bonodeporte.gal

Cada Bonodeporte terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % do compra ou servizo contratado (IVE incluído), e terán a consideración de subvención a fondo perdido non reintegrables.

As axudas obtidas serán compatibles con calquera outra subvención, axuda ou ingreso ou recurso procedente doutras administracións, sempre e cando non supere o custo da actividade subvencionada.