CAMPAMENTO DE VERÁN

ABERTO PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN, DESDE O 8 ATA O 17  DE XUÑO.

Esta actividade estival destinada a nen@s con idade comprendidas entre os 4 e os 12 anos preferentemente censados en Toques, ainda que se houbera vacantes despois do prazo de pre-inscrición, poderíanse beneficiar nen@s doutras idades ou procedencia. En todo caso os interesados deben cubrir un boletín (dispoñible nas oficinas xerais) e entregalo no rexistro do concello.

O periodo de matrícula estará aberto desde o 20 de xuño, e consiste en realizar o ingreso bancario da cota de inscrición, isto é, 30 €; no número de conta que proporcione a administración.

O inicio da actividade está programado para o 27 de xuño, cunha duración de cinco semanas, sendo a excursión final o 29 de xullo.

Este ano e con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, o Campamento Toquense terá unha temática e dinámica relacionada coas Olimpíadas. En todo caso, as tarefas e actividades programadas estarán planificadas en canto a manualidades, actividades escolares, xogos, talleres, curso de natación, venres especiais e a excursión final.