CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017

O Concello de Toques en colaboración coa Deputación da Coruña, oferta dúas prazas para participar neste programa deportivo.

Trátase dunha estancia en réxime de pensión completa no Centro Residencial Docente, en Culleredo, desde o 19 de Agosto (chegada para cear) ata o 25 de agosto (saída tras o almorzo).

Os beneficiarios participantes nesta actividade son os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos cumpridos no momento de formalizar a inscrición.

A cuota de inscrición para participar é de 85 €.

O prazo de solicitude para inscribirse nesta actividade  deportiva estará aberto ata o 16 de xuño.

Poden solicitar máis información chamando por teléfono a:

– 981505826 Casa do Concello

– 626445816 Servizo de Deportes

Tamén se pode informar mediante o seguinte enlace:

https://www.dicoruna.es/deportes/campamentos-deportivos

Identidade Deputación da Coruña BOLA