Campaña de Esquí 2024 para a mocidade á Estación Valgrande-Pajares

A Deputación da Coruña pon en marcha a programación deportiva da anualidade 2024 cunha actividade do estilo de deporte de inverno. Trátase dunha excursión de 4 días e 3 noites á Estación de Esquí “Valgrande-Pajares”, en Asturias, destinada á mocidade con idade comprendida entre os 11 e os 15 anos, ambos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2023).

O Concello de Toques oferta 3 prazas para esta actividade. En todo caso, teñen prioridade os nenos e as nenas que nunca aisitiran a Campañas de Neve anteriores. Sen embargo, no caso de que se reciban máis de 3 solicitudes, o concello procederá a realizar un sorteo público ante o Secretario para adxudicar as prazas.

Para a mocidade empadroada no Concello de Toques, a actividade transcorre desde o venres 16 ata o luns 19 de Febreiro de 2024, e inclúe desprazamentos, estancia no albergue a pé de pista, manutención, Curso de Esquí, Actividades Complementarias e equipo específico da modalidade deportiva (esquis, paus e casco).

A saída realizarase o venres pola mañá para chegar ao Albergue antes do xantar e o viaxe de retorno será despois do xantar do luns.

O prazo de inscrición remata o 1 de decembro de 2023 e a actividade ten un custo de 85 Euros.

Para realizar a inscrición, os interesados/as deben entregar no Servizo de Deportes do Concello a seguinte documentación.
1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.

Ficha de inscricion Campana Neve 2024
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
3. Fotocopia do carné de identidade do neno ou libro de familia.
4. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

A partir o 4 de decembro haberá que aportar o seguinte documento.
5. Copia do aboamento da cota de inscrición, indicando no concepto: “CAMPAÑA DE NEVE 2024, CONCELLO, NOME DO PARTICIPANTE”(cando a praza estea confirmada comunicarase o número de conta dado pola Deputación).

Cartel Campana Neve 2024

Asímesmo, recoméndase levar o seguinte equipo entre a equipaxe:

• Gorro.
• Guantes.
• Gafas de esquí e de sol.
• Anorak térmico.
• Pantalón impermeable ou similar.
• Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
• Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
• Chuvasqueiro.
• Mochila pequena.
• Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
• Pixama, roupa interior.
• Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.