Campus de Verán Gallaecia para persoas mozas con discapacidade

DESCRICIÓN E OBXECTO:

É unha actividade de carácter gratuíto que está impulsada desde o programa Espazo Compartido e cofinanciada pola Fundación ONCE e o FSE, e que se desenvolve por primeira vez este ano.

O obxectivo é favorecer a formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozas con discapacidade cognitiva.

Xunto á Universidade da Coruña (UDC), neste campamento colaboran varias entidades con experiencia na atención a persoas con discapacidade intelectual: Universidade de Vigo (UVigo), Fundación Abrente – Proxecto ENKI, e a Asociación de Síndrome de Down Ourense.

O Campus de Verán Gallaecia celebrarase no campus coruñés do 1 ao 9 de xullo e oferta 34 prazas. Combinará actividades de formación e orientación vocacional, de creatividade e empoderamento para o uso das novas tecnoloxías, e propostas de lecer e esparexemento, con diversas saídas na área metropolitana da Coruña e Costa da Morte.

Todas as persoas participantes aloxaranse na Residencia Universitaria Elvira Bao (UDC – Campus de Riazor).

DESTINATARIOS E REQUISITOS DE ACCESO:

O Campus de Verán Gallaecia está dirixido ás persoas mozas, con idades entre 18 e 30 anos que presenten, de forma certificada, un diagnóstico de discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou de trastorno de espectro do autismo.

Ademais, as persoas candidatas deberán estar inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil de forma previa ao desenvolvemento do Campus de verán.

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director.

PRAZO:

Preinscripción: Do 2 de maio ao 14 xuño de 2023

Matrícula: Do 15 de xuño ao 25 de xuño de 2023

MÁIS INFORMACIÓN: 

programa.ecompartido@udc.es

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Fundación Universidade da Coruña