Colaboración cos estudiantes durante o confinamento

O Concello de Toques realizará labores de apoio á formación académica mentres non termine o confinamento. Por tanto, para todos e todas os/as rapaces e rapazas que este ano esteñan matriculados e cursando nalgunha das etapas educativas: infantil, primaria, secundaria, bacherelato ou ensinanzas superiores (graos universitarios ou ciclos formativos) que precisen axuda en cuestión de material para facilitar o estudio ou axuda para poder descargar as fichas de exercicios ou calquer outro elemento de traballo, a administración local ofrece a axuda precisa para poder realizar estas tareas.

O concello pode realizar fotocopias, imprimir documentos ou incluso proporcionar un dispositivo tecnolóxico (por exemplo unha tablet) para contactar co sitio web onde se realizan ou envían as actividades escolares.

Asímesmo, calquer persoa que precise dun aparato tecnolóxico para comunicarse con servicios médicos, familiares, ou para facer a compra, etc… que se poñan en contacto, porque o concello  pode facilitar unha tablet ou outro tipo de dispositivo según sexa o caso.

Número de teléfono da Casa do Concello: 981505826

Enderezo electrónico: correo@toquesr.cluster028.hosting.ovh.net