Curso de Socorrismo Acuático

Incluída no programa de accións formativas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, ponse en marcha a impartición deste curso formativo-específico do Itinerario de Actividade Física e deportiva que capacita para o acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

AFDP02110 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS

(RD 1076/2012, de 13 de julio)

A formación teórico-práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galici, sendo a data de inicio durante a segunda quincena de novembro, en todo caso a sesión formativa obrigatoria será en horario de mañá.

A formación contempla os módulos propios do certificado de profesionalidade e a impatición das materias formativas transversais e complementaris en:

– Igualdade de oportunidades

– Lingua extranxeira

– Novas tecnoloxías

E tamén inclúense nese horario as sesións grupais e individuais de:

  • Orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición estrá aberto ata as 14 horas do Mércores 14 de Novembro, admiotindo soamente as solicitudes achegadas mediante correo electrónico desde os servizos municipais dos concellos da provincia da Coruña que colaboran coa posta en marcha desta Inicativa de Emprego Xuvenil.

ITINERARIO 2.jpg