Curso de Socorrismo en Instalacións e Espazos Acuáticos

Acaban de ser convocadas un total de seis accións formativas específicas para obter o Título de Socorrista en Instalacións Acuáticas ou Socirrista en Espazos Acuáticos, destinadas ás persoas interesados en exercer o desenvolvemento de dito exercicio profesional en Galicia.

A normativa onde se redacta toda a información foi publicada no DOGA nº 38 do xoves 22 de febreiro de 2024:

Anuncio Curso formación específica Socorrismo

Aquelas persoas interesadas deberán solicitalo mediante formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal). Previamente, deberán estar dados de alta (se non o teñen feito antes) na páxina da AGASP (Academia Galega de Saúde Pública) para o cal é necesario unha conta de correo electrónico.

Na mesma páxina pode consultarse o contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución, na epígrafe «Formación de colectivos».

Hai un requisito previo para poder relaizar esta acción formativa, isto é, superar unha a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados e que se regula na base novena da convocatoria.

Existen as seguintes formas de contacto para acadar información e/ou resolver dúbidas: 886206138 / 886206139 / 886206137 ou mediante enderezo electrónico: formacion.emerxencias@xunta.gal

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o 4 de marzo de 2024.

As accións formativas son as seguintes: