CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA AS PROBAS DO CELGA, NIVEIS 2, 3 E 4

NORMATIVA: Resolución do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 3 e Celga 4 (DOG nº 26 do 6/2/2018).

OBXECTO: Convocar, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) niveis 2, 3 e 4. Os cursos de nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación: na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) anunciarase, o mesmo día da publicación desta resolución a súa convocatoria específica.

DESTINATARIOS: Persoas maiores de dezaseis anos, ou por aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Ata o 26 de febreiro de 2018.