O Concello de Toques participa un ano máis no programa da Deputación da Coruña: «Liberdade de ser e sentir», que ten lugar o 28 de Xuño.
Este ano, polaas limitacións sociosanitarias, as actividades pódense seguir a través da web seresentir.gal, onde se irán incorporando paulatinamente as actividades, as cales terán un enfoque da liberdade sexual a través do deporte e coa participación de deportistas galegas que relatarán a súa experiencia no ámbito deportivo de élite.
As actividades programadas para o 28 de Xuño pódense ver na imaxe inferior.