Doazón de sangue

A Unidade Móbil do Servizo Galego de Saúde estará no Lugar de Souto o próximo 3 de xuño desde ás 16:30 ata ás 18:30 horas.

En esta ocasión é necesario pedir cita por teléfono (900100828) para doar sangue con maior seguridade.

Ademáis, ante a situación que se está a vivir, pubícase un Protocolo de Seguridade:

  1. A nosa máxima prioridade é a seguridade dos doantes de sangue e dos receptores dos compoñentes sanguíneos.
  2. ADOS só acepta doazóns de persoas con boa saúde e realiza unha estrita revisión do estado de saúde das persoas que acoden a doar sangue, para comprobar que cumpren todos os requisitos que esixe a normativa sanitaria.
  3. En cada local de doazón e en cada unidade móbil, o noso persoal segue protocolos de seguridade exhaustivos:

Uso de luvas limpas con cada doante.

Limpeza de padiolas despois de cada doazón.

Utilizamos material estéril e dun só uso para cada doazón (bolsas de sangue e tubos para analítica.

Limpeza profunda de zona de venopolución con dobre desinfección.

Colocación dun envase con solución desinfectante á entada e saída dos locais de doazón e unidades móbiles, para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

Máis información en: https://ados.sergas.es

*sumateanuestroequipo (hashtag)

@doadoressangue (chío)

https://www.facebook.com/doadoressangue

https://yuotu.be/qngVkRVnfyc