Estadías de lecer para a mocidade, familias e maiores no programa “Elixe Galicia”

Normativa

Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 22 do 3/2/2020)

Obxecto

Subvencionar parcialmente o custo de estadías turísticas, en réxime de concorrencia non competitiva, para as persoas maiores, mozos/as menores de 30 anos e familias con fillos menores residentes na CA de Galicia participantes programa Elixe Galicia.

Modalidades do programa e servizos incluídos

O programa Elixe Galicia, contará con catro modalidades de viaxes:

  1. «Vacacións en zonas costeiras», terá unha duración de 5 días (4 noites) en réxime de pensión completa. Inclúese o xantar día de chegada e día de saída, aloxamento en hoteis de tres estrelas ou superior situados en localidades costeiras. Mínimo de tres visitas ou actividades de medio día adaptadas ao grupo destinatario durante a súa estancia e inclúe o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.
  2. «Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural», terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa e preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
    O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superior situados en poboacións que permitan a xestión dun programa adecuado para as visitas programadas.
    Contará con servizos de guía acompañante durante todo o circuíto.
    Inclúe visitas culturais con relevancia histórico-artística e como mínimo unha actividade ou visita diaria sen custo adicional para o usuario e tamén o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol e os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.
  3. «Rutas de natureza e montaña» terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
    O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superiores ou aloxamentos rurais de categoría similar.
    Contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto.
    Dúas excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo na totalidade da estancia e inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.
  4. «Estadías en Balnearios» terá unha duración 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. Aloxamentos en hoteis de dúas estrelas ou superior situados na Comunidade Autónoma de Galicia a unha distancia non superior a 20 km do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.
    Deberá dispoñer, incluído no prezo do programa, dun acceso diario ao balneario de augas mineiro-medicinais, talaso ou establecemento de saúde e benestar da Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo no programa, sen custo adicional, un tratamento por persoa e estancia, así como prezos especiais reducidos para outros tratamentos.
    Contará cun mínimo de dúas excursións ou actividades de medio día a recursos turísticos ou poboacións da Comunidade Autónoma de Galicia, con localización próxima ao establecemento hostaleiro de pernocta, e o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

Persoas beneficiariase requisitos

As persoas residentes legalmente na CA de Galicia, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores á data final do prazo de presentación de solicitudes establecido nestas bases.
  2. Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
  3. Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
  4. Efectuar o pago do prezo estipulado.

Ademais deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:

A) Maiores:

  • Ser pensionista de xubilación do sistema de seguridade social español, ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade do sistema de seguridade social español, ser pensionista por outros conceptos do sistema de seguridade Social español ou perceptor de prestación, subsidios de desemprego con 60 ou máis anos de idade, ser asegurado ou beneficiario do sistema de seguridade social español con 65 o máis anos de idade. Tamén se consideran persoas beneficiarias:
  • Os/as cónxuxes ou no seu caso, parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan os requisitos esixidos neste apartado.
  • Os/as fillos/as con discapacidade, en grado igual o superior ao 33 % sempre que a viaxe se realice cos seus pais e se aloxen na mesma habitación ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para habitacións individuais que estará suxeito a dispoñibilidade de praza.

B) Mozos/as menores de 30 anos:

As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas no caso de que se unan ata 4 solicitudes. Os/as mozos/as que se presenten como grupo nunha mesma solicitude deberán reunir os requisitos establecidos nas presentes bases para participar nos programas.

C) Familias con fillos/as menores de idade:

Enténdese por familia, as persoas unidas entre si por matrimonio ou unha relación análoga de afectividade, as persoas que dependan delas por filiación, adopción, tutela, garda, garda de feito ou acollemento permanente ou preadoptivo, e as persoas que estean ao seu cargo, sempre que formen un núcleo estable de convivencia.

Calquera outra forma de relación estable entre membros dunha parella considérase asimilada ao vínculo por matrimonio, sempre que estea acreditada pola inscrición no correspondente rexistro.

Os fillos menores entre 0-3 anos non ocuparán praza.

Terán a condición de beneficiarios os/as fillos/as entre 4 e 18 anos, os fillos/as e ascendentes con discapacidade en grado igual o superior ao 33 % sempre que a viaxe a realicen cos seus pais/fillos/as e se aloxen na mesma habitación ou, no seu caso abonen o suplemento establecido para habitacións individuais que estará suxeito a dispoñibilidade de praza e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polos pais, titores ou fillos/as cos que viaxan.

Os/as fillos/as maiores de 18 anos e os ascendentes, salvo os fillos/as ou ascendentes con discapacidade, pagarán o 100 % da praza.

Prazo

  • Para a tempada do ano 2020 será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 3 de marzo de 2020.
  • Para a tempada do ano 2021, o prazo de presentación de solicitudes será do 1 de setembro ao 30 de setembro de 2020.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.