Estadías nas residencias de tempo libre

NORMATIVA: Orde do 27 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2024. (DOG nº 71 do 11/4/2024)

OBXECTO: Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude.

PERSOAS  DESTINATARIAS:

  • Todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español.
  • Galegos e galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das duas convocatorias anteriores.

QUENDAS:

Cada unidade familiar poderá solicitar, a través da persoa maior de idade que a represente, as estadías e servizos para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude e para unha ou varias quendas que se detallan no anexo III.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG. Ata o 25 de abril de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIAPAIS.