EXCURSIÓN A ASTURIAS

O Concello de Toques oganiza unha excursión con destino á comunidade veciña de Asturias, para visitar algúns dos paraxes máis destacados.

A estadía será de tres días, sendo a saída o 19 de xuño (pola mañá) e a chegada o 21 do mesmo mes (pola tarde).

O prazo de inscrición para os interesados remata no momento de esgotarse as prazas existentes.

A excursión ten un custo de 60 €, que serán aboados -unha vez concedida a praza- mediante ingreso e/ou transferencia bancaria.

Para saber se aínda hai prazas dispoñibles, é necesario chamar por teléfono á Casa do Concello, no número 981505826, e así ademáis poder proporcionar información exacta.