EXCURSIÓN A CARIÑO E COMARCA DE ORTEGAL

ESTA ACTIVIDADE DIRIXIDA ÁS PERSOAS MAIORES TERÁ LUGAR O 21 E 22 DE XUÑO.

Para poder participar é imprescindible inscribirse no concello e despois realizar o ingreso no número de conta que proporcione a administración.

O prezo estipulado, que inclúe o desprazamento, a estancia e a manutención, e máis as visitas é de 40 €, que serán aboados unha vez a praza sexa adxudicada.

Entre as diferentes visitas programadas destaca San Andrés de Teixido, Cedeira e o propio Cariño, lugar onde se realizará a pernocta.