Exposición de arte plástico na Casa do Concello

A casa do Concello, en Toques, acolle unha exposición dos traballos realizados pola artista plástica Raquel Currás. A Galería de obras en lienzo está composta dun total de dezaseis obras, as cales tamén se expoñen de cara a venta ao público incluso impresas nunha camiseta ou ben a obra en sí.

A exposición ubicada nos espacios comúns da Casa Consistorial estará dispoñible para as visitas ata o 14 de setembro en horario de mañá.

A artista, formada na Escuela de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela para realizar estudios de Escultura, plasma na súa obra a temática sobre a parte oculta do sentimento humano. A formación desta xoven artista está fortemente marcada por artistas modernistas surrealista como René Magritte, Salvador Dalí, Man Ray ou Frida Kahlo

Tamén dispón dun enderezo electrónico de contacto para aqueles que desexen ampliar información a cerca das obras ou reproduccións, é a seguinte: raquelcurrasart@gmail.com