A Asociación Cultural Charamela presenta a obra «Botando a lingua a pacer».
O vindeiro 9 de Abril, sábado ás 20:00 no Edificio Multiusos de Souto, terá lugar unha nova actuación desta agrupación teatral que retorna ao municipio toquense para deleitar aos interesados cunha nova función.
Entón, xa que o falar non ten cancelas, as portas do multiusos estarán abertas para todo o público sen custo de entrada para contemplar esta obra que tras representala en diversos lugares da contorna galega regresa a Toques.